Free cookie consent management tool by TermsFeed
imprimir

Destino relixioso

El lugar elexido. Faro da cristiandade medieval

Conta unha antiga tradición, que Santiago, un dos doce apóstolos, viaxou a Hispania e chegou a Galicia, ao fin da terra, para difundir o Cristianismo.

No ano 44 foi executado en Xerusalén, e prohibido o seu enterro. Os seus discípulos sucaron o mar ate Galicia, onde lle deron sepultura. A súa tumba quedou esquecida ate que no ano 813 un resplandor indicou el lugar ónde se atopaba.

Naquel lugar ergueuse unha ermida, que o paso do tempo converteu nunha monumental Catedral. Arredor dela naceu e medrou unha marabillosa cidade levítica, Santiago de Compostela, que se converteu no principal destino das peregrinacións europeas medievais a través da rede de calzadas que forman o Camiño de Santiago.

No s. XII o Papado concedeu o Xubileu Pleno do Ano Santo, o que converteu a Santiago na Terceira Cidade Santa, despois de Xerusalén e Roma. Dende entón, cada ano en que o día do Apóstolo, 25 de xullo, coincide en domingo, miles de crentes peregrinan para conseguir o perdón de todos os seus pecados. Este 2021 será o Ano Santo número 120 na historia, contando a partires de 1182. Os seguintes serán en 2027 e 2032.

Intanxíbel vía de comunicación de ideas, de propagación da fe, de relacións comerciais e intercambios artísticos e culturais, o Camiño foi a ruta espiritual que construíu Europa e fixo a Compostela encrucillada da Cristiandade medieval.

Por iso, a viaxe a Santiago de Compostela vai moito máis alá da participación nas formas tradicionais do culto: é unha busca das raíces espirituais e culturais da Europa cristiá. Nun tempo en que as persoas procuran un significado para as súas vidas cada vez máis incertas e apuradas, a peregrinación e a viaxe a Santiago, na súa expresión auténtica, é tamén unha viaxe de descubrimento, de enriquecemento persoal e de encontro con outros viaxeiros e peregrinos, de todas as idades e nacionalidades, que co seu xúbilo contribúen á atmosfera vital que se respira en toda a cidade.

Benvidos a Santiago de Compostela.